Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

RECREOS RESIDUO CERO.

Este é o proxecto mais importante que temos este ano entre mans, non so porque pequenas accións diarias como as nosas unidas a outras convértense en algo grande, senon porque nos estamos dando conta do importante qué e o coidado  do  medioambente, e de que nos podemos contribuir a que o noso planeta perdure no tempo, porque non temos un Planeta B. O proxecto consiste en REDUCIR os plásticos dun so uso nas nosas merendas, e optar por alimentos non so sin plásticos, senon tamén máis saudables. Comezamos no mes de outubro, e fomos mellorando e sendo capaces de mantelo no tempo. Agora chegou o momento de contarlle ao resto do cole o que estamos facendo e animalos a participar. E como resumo de todo un trimestre de traballo fixemos un vídeo, no cal os rapaces foron os guionistas e protagonistas, incluso cámaras nalgúns casos, para mandarlle  aos compañeiros ensinándolles como o levamos a cabo na nosa aula. Esperemos que sigan o noso exemplo e se animen a participar. #recreosresiduocero #tea