Entradas

PDI 23-24 ROTEIROS POLA CORUÑA.

Mapa dos roteiros elaborados por todos os rapaces e rapazas do Salgado. Pinchando en cada marcador accederedes a cada un tos roteiros. Esperamos que vos gusten!

Saída pola Coruña de URBANO LUGRÍS.

A nosa contribución ao PDI do centro deste ano foi un roteiro pola Coruña de Urbano Lugrís, pintor coruñés surrealista, do que fumos coñecendo cousas durante todo o curso. A proveitando a saída de fin de curso fixemos ese roteiro pola nosa cidade en primeira persoa, disfrutando dela e coñecendo sitios e historias novas. No seguinte enlace hai un vídeo que nos mostra toda a ruta que fixemos ese día coa que disfrutamos todos moito. VÍDEO DO ROTEIRO POLA CORUÑA DE URBANO LUGRIÍS .

Visita ao centro de maiores Concepción Arenal.

Imagen
Como cada ano fixemos unha visita aos maiores que residen no centro Concepción Arenal. Bailamos unha muiñeira, recitamos poesía e tocamos unhas rumbas co caixón e coa guitarra do profe Miguel. Tamén houbo rato de xogos co que os maires disfrutan especialmente. Vivencias que non se olvidan facilmente.  

As plantas.

Imagen
Como tarefas desta unidade plantamos sementes nunha caixa de CD e observamos o seu crecemento. Despois as transplantamos a pequenas macetas e cando medraron as plantamos nos bancais da horta. Fixemos tamén algún experimento seguindo os pasos do método científico. Completamos o traballo cunhas maquetas das partes dunha flor  e uns mapas mentais do proceso de reproducción das plantas con flores. As deixamos expostas no hall do colexio para que os demáis rapaces as puideran ver.  

Retratos surrealistas en 3D.

Imagen
Aprendimos sobre o surrealismo de URBANO LUGRÍS e fixemos unhas máscaras de cartón con volumen inspiradas nesta corrente artística.  

Matemáticas manipulativas.

Imagen
Primeira fase da aprendizaxe das matemáticas, a manipulación. Regletas, base 10, policubos,...